Eventos

Liga Aromon - Carballedo

Orientación. Proba de Liga Aromon en Carballedo

Xunto cos amigos de O Petote organizamos por segundo ano unha proba de iniciación á orientación no Concello de Cerdedo-Cotobade. Co centro de competición nocentro cultural "Antonio Fraguas" en Carballedo.

Categorías de iniciación para nenos, adultos e categoría "Avanzado" para aqueles que xa contan con experiencia previa.

?

Poderase participar de forma individual ou en grupos.

Non existirán horas de saída predefinidas, traballaremos co sistema de "baliza start" polo que non haberá problemas de que un membro do grupo chegue tarde á hora asignada. Poderase tomar á saída dende as 11:00 ata as 11:45. A hora de PECHE DE META será as 13:15 para TODOS os corredores.

Antes de pasar pola saída É OBRIGATORIO pasar pola secretaría para confirmar á participación. E recoller, se fose preciso, a tarxeta sportident. De igual modo, ao finalizar á proba é obrigatorio volver polo mesmo punto, incluído se se decide abandoar a proba e non rematar o recorrido, para constar como "chegado" á organización.

Os percorridos terán lugar polo pobo de Carballedo, circulando por camiños e prados. O tráfico non estará pechado polo que pedimos precaución cando se crucen camiños ou se circule por elas. Ollo tamén ao posible ganado que vos atopedes, están na súa casa e non queremos molestalos.

?

Ao finalizar a proba teremos avituallamiento na zona de secretaría, organizado por os amigos de O Petote, cunha entrega de trofeos ás 13:30 e un pequeno detalle.

?Apúntate!

Inscrición

O prazo para a inscrición neste evento remata Ver na Intranet