Na sección de artigos creouse unha nova entrada con todos os modelos de documentos necesarios para solicitar autorización administrativa para a realización de eventos deportivos.
Información sobre o raid social que organiza o Club Montaña Ferrol en Monfero:http://www.clubmontanaferrol.com/novedades/2011/02/raid-social-monfero-2011/
Miguel Camblor fai público un interesante artigo titulado GPS e deporte de orientación, que se pode consultar ou descargar na sección de artigos.
Publícase o calendario 2011 que foi aprobado na última Asemblea da AGaCO.
Dende o club Montañeiros informan que se ven de crear unha canle para compartir vídeos relacionados cos raids, tanto a nivel galego coma nacional. Este é o enderezo web: http://vimeo.com/channels/raid. Os vídeos pódense ver sin necesidade de rexistro, pero tamén se poden subir vídeos despois de suscribirse á canle.