Noticias

A PROVINCIA DE SALAMANCA RECIBIU A PASADA FIN DE SEMANA A 4ª PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE RAIDS DE AVENTURA

A pasada fin de semana, as localidades de Béjar e Calendario (Salamanca) acolleron o I Raid de Aventura Tierras Vettonas, a penúltima proba da Liga Española de Raids de Aventura desta tempada.

Foi unha carreira en formato non-stop, na que os equipos completaron sección de BTT, trekking, orientación específica e probas especiais de cordas e tiro con arco nun tempo máximo de 15 horas para as categorías superiores.

Na categoría elite, destacamos a primeira posición do Brigantia Alcor Adventure Race (do que formaba parte o orientador da FEGADO Ángel García) e o terceiro posto do Brigantia- Saltamontes Espiriturader (integrado polos deportistas da FEGADO Aurelio Olivar e Jesús Bermejo, xunto con Javier González).

En Aventura Mixto o pódium estivo formado por tres equipos galegos: en primeira posición o conxunto AroBros Aromon Artabros Columbus (Teresa Bellón, Adrián Moreira e María Piñeiro), seguidos de Raza Palleira-Mafiada (Andrés Sanmartín, Jeniffer Börgesson e Alberto Mosteiro) e en terceiro lugar o Galicia- Vizhoja Cornelios- Hotel Nande- Talleres Mingos- Canalis- Aseragro (Diego Fernández, Pilar Paredes e Isaac Rodríguez).

Finalmente, o primeiro posto en Aventura Masculino foi para o Brigantia- Compás- Gallecia (Roberto Carro, Roi Rodríguez e Ricardo Sánchez).

Noraboa a tod@s!

Os resultados completos están dispoñibles neste enlace