A FEDO ORGANIZA UN CAMPO DE ADESTRAMENTO DE O-PÉ DO 2 AO 5 DE XANEIRO EN BURGOS
A Federación Española de Orientación, organiza un campo de adestramento de Orientación a Pé do 2 ao 5 de xaneiro en Aranda de Duero (Burgos), dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva 2024.
Esta actividade está dirixida a deportistas das categorías infantil (M/F14), cadete (M/F16) e xuvenil (M/F18) e tamén haberá adestramentos específicos para as categorías junior (M/F20) e absoluta.
O programa inclúe entre 7 e 8 sesións de adestramento en terreos técnicos e variados, ademais de charlas técnicas e de análise. O programa completo está dispoñible no boletín.
As inscricións están abertas no sistema SICO ata o vindeiro 22 de decembro e as prazas serán admitidas por orde de inscrición.
Toda a información está dispoñible na web da FEDO.
Para os deportistas das categorías cadete e xuvenil que estean interesados en formar parte da Selección Nacional de O-Pé, achegamos tamén os criterios de selección da FEDO, que inclúen as probas que puntuarán para participar no EYOC 2024 en Polonia.