Noticias

REPENSAR DENDE A PERSPECTIVA DO MEDIOAMBIENTE A ORGANIZACIÓN DE PROBAS DE ORIENTACIÓN

En orientación o medioambiente é o noso terreo de xogo e está nas nosas mans coidalo, respectalo e conservalo.

O pasado sábado, Adrián Moreira, responsable de Medioambiente da FEGADO, impartiu unha charla técnica sobre o "Medioambiente e organización de probas de orientación", no marco do programa formativo da FEGADO.

No documento adxunto achégase a presentación ("Repensar dende a perspectiva do medioambiente a organización de probas de orientación""). Recomendamos a súa lectura para comprender mellor o entorno natural e coñecer as medidas que como orientadorxs podemos adoptar para protexelo.