Noticias

EXCELENTES RESULTADOS DOS NOSOS DEPORTISTAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ROGAINING

O pasado sábado 20 de maio, @s nos@s orientadores e orientadoras desprazáronse á Serra da Partacua, en Huesca, para competir no Campionato de España de Ultrascore-Rogaining 2023, organizado polo club Peña Guara. Ademais, a proba foi a segunda puntuable para o ranking nacional.

En senior masculino, o equipo Aligots- OP Betanzos- Malarruta (integrado polo noso corredor Juan Combarro e os seus compañeiros Aurelio Olivar e Albert Herrero) proclamouse campión, mentres que o Aromon Cota Cero (Xoel Chamorro, Ángel A. Serto e Adrián Moreira) recolleu a prata. Por outra banda, na categoría Superveteranos Mixto, o equipo Aromon Supervetmix (Javier Alvelo, Chus Abilleira e Carlos Morais) rematou en terceiro lugar.

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a tod@s!


Os resultados completos e os últimos detalles da proba están dispoñibles aquí.