SESIÓN TÉCNICA ONLINE de PREPARACIÓN do CEMTBO 2026 [mér. 23sep de 20 a 21 h]
De cara a preparar as probas de MEDIA DISTANCIA, SPRINT e LONGA DISTANCIAdo CEMTBO 2026 do vindeiro 26 e 27 de setembro de 2026, organizamos unha sesión técnica online que será de utilidade de cara a preparar tecnicamente as vosas carreiras.
Estará aberta a todalas persoas federadas na FEGADO e será impartida polo noso compañeiro Fran Varela(Club Orientación Compás e Técnico FEDO no pasado Campionato do Mundo MTBO) o vindeiro mércores 23 de setembro entre as 20:00 e as 21:00 horas.
Se queres recibir unha invitación á reunión que terá lugar en TEAMS, envía unha solicitude dende a túa conta de correo-e a direcciontecnica@fegado.es
Jorge Piñeiro
(por delegación da Comisión Xestora da FEGADO)
