Noticias

DOUS CENTROS GALEGOS PARTICIPARON NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CENTROS ESCOLARES DE O-PÉ

Entre os pasados 11-13 de novembro, Extremadura acolleu o Campionato de España de Centros Escolares de O-Pé (CECEO).

Participaron dous centros da provincia de Lugo, o IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz) e o IES A Pinguela (Monforte de Lemos).

O venres disputouse o sprint nocturno, o sábado pola mañá celebrouse a distancia intermedia e pola tarde as remudas da amizade, unha proba non oficial que tiña como obxectivo fomentar as relacións entre @s participantes. A competición despediuse o domingo coas remudas.

A FEGADO traslada a noraboa a tod@s os participantes e agradece o traballo realizado pola organización.


Podes consultar os resultados e máis información aquí