Noticias

Adestramento OBM días 19/20 setembro

Aproveitando a celebración do Campionato Galego Sprint OBM , o Club de Orientación O Pasatempo fai a proposta de 2 probas máis que completen o fin de semana e sirvan como preparación para o próximo Campionato de España de Zaragoza.

Na mesma mañá unha segunda proba sprint en formato knock-out, e ademáis un adestramento libre para celebrar ese fin de semana.

Para adestramento libre con saída e chegada dende o centro de competición podedes descargar e imprimir o mapa. O percorrido estará ademáis dispoñible o fin de semana en "GPS orienteering", App gratuíta para o móvil que permite facer o seguimento de todos os participantes dando parciais, clasificación... Ainda que as balizas non estarán colocadas a aplicación indicará cunha mensaxe de voz cando pasemos por elas. Animámosvos a facer o adestramento en papel pero rexistrando a participación en GPS orienteering. Para os que se inician pode ser unha ferramenta útil ao marcar a posición en todo momento. (Deixamos na páxina do evento o arquivo de mapa en pdf, un breve manual de gps orienteering e o enlace á páxina web dos desarrolladores do programa: https://gpso.se/)

Evento relacionado

5ª PROBA DA LGMTBO 2026 - CG SPRINT / Campionato Xunta de Galicia