Noticias

Representación galega nesta fin de semana no 10-MILA en Örebro (Suecia): a “Champions” das remudas.

O 10-MILA (Tiomila) é, xunto coa mítica JUKOLA de Finlandia, unha das dúas carreiras de remudas, máis importante do mundo, con 887 equipos e cáseque 6.000 deportistas inscritos na presente edición de 2022.

Celébrase tódolos anos ininterrumpidamente dende 1945, coa excepción do 2020 e 2021 pola maldita pandemia.

Os máis pequeños da FEGADO xa saben que o máis importante e ser un E-QUI-PO !!! Nesta fin de semana dende Galicia animaremos aos nosos irmáns do equipo sueco Snättringe SK.

Este será un ano moi especial para nós porque por primeira vez compiten un deportista galego nas remudas masculinas (Tiomilakavlen, cun total de 3.070 atletas nos 307 equipos inscritos) e unha deportista galega nas remudas femininas (Damkavlen, cun total de 1.575 atletas nos 315 equipos inscritos).

Lucía Parga será a terceira será das 5 postas do seu equipo sueco Snättringe SK 2(FEM). A saída en masa está programada para as 13:15 horas do sábado 7 de maio.O conxunto das 5 postas en horarios diurnos deben completar un percorrido de 35,6 km nesta edición2022, onde Lucía debe axudar ao seu equipo na posta máis longa de 9,3 km).

Brais Piñeiro será a primeira das 10 postas do seu equipo sueco Snättringe SK 2 (MASC).O equipo debe completar un percorrido no que as dez postas suman aproximadamente 100 milllas (92,9 km nesta edición 2022) combinando remudas diurnas e nocturnas. Brais terá o privilexio de tomar a saída en saída en masa programada ás 21:30 horas do sábado 7 de maio e completará un percorrido individual en bosque de 11,3 km.

Sorte a Lucía e a Brais #changemakers

Resultados en streaming tanto para Tiomilakavien (masc) como para damkavlen (fem) en http://online.10mila.se/

Ah! O evento retransmítese en directo a través de canles de TV de pago, incluso con comentaristas en inglés no formato 10MILA TV Plus (35 euros) https://orienteering.sport/event/10mila/welcome/