Noticias

MÁIS DE 1500 DEPORTISTAS PARTICIPARON ESTA SEMANA SANTA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ EN SEVILLA

A provincia de Sevilla acolleu esta Semana Santa a primeira parte do Campionato de España de Orientación a Pé 2025 (CEOP), organizado pola Asociación Deportiva de Orientación Lince (ADOL) e a Federación Andaluza de Orientación (FADO). Neste CEOP participaron máis de 1.500 orientadores e orientadoras e disputáronse as tres especialidades de orientación que se celebran en bosque: distancia longa, media e remudas clásicas.

O venres celebrouse a distancia longa, na que a nosa deportista Concepción González (Club de Orientación Compás) proclamouse subcampioa de España en F55. Jana Albarrán (Club Gallaecia Raid), Ángel Álvarez Serto (Club Aromon de Pontevedra) e Francisco Varela (Club Orientación Compás) acadaron as medallas de bronce en F14, M40 e M60, respectivamente.

O sábado disputáronse as remudas clásicas. Nesta proba, destacamos a oitava posición do equipo Senior Masculino integrado por Xoel Chamorro, Anxo Somoza e Martín Casado.

O Campionato despediuse o domingo coa distancia media. Ángel Álvarez Serto e Concepción González proclamáronse campións en M40 e en F55, Sira Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) recolleu a medalla de prata en F14 e Francisco Varela e Fermina Fernández (do Club Fluvial de Lugo) foron terceros en M60 e en F65.

Dende a FEGADO damos a noraboa a tod@s @s participantes.

Os resultados completos, así como a retransmisión en YouTubee os tracks das carreiras están dispoñibles neste enlace