Noticias

O SEO AVIVA PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO NO EUMERAID NA CATEGORÍA ELITE

As Pontes (A Coruña) acolleu o pasado sábado o 'Eume Raid', que foi a 1ª proba da Liga Española de Raids de Aventura e Orientación 2024 (LER) e tamén o Campionato Xunta de Galicia desta disciplina .

O evento, que estivo ao cargo do Club Gallaecia Raid, tivo unha duración de 23h non- stop e os equipos completaron 140km con 4000m de desnivel positivo en seccións de BTT, trekking e kaiak.

O equipo Endurance COCO (J. Sancosmed, Borja Varela e Alberto Taboada) conseguiu a primeira posición na categoría Elite a nivel do ranking nacional. En canto ao Campionato Galego, o vencedor foi o conxunto Seo Aviva (Elena Rosell, Yago Breijo e Alfonso Vilela), seguidos do Fluvial Lugo Xesteiras (Luisa Felpeto, Alberto Corral e Tono Abal) e en terceiro lugar do Tracktherace Adventure Team (Macarena Casariego, Marcos Muiño e David Senra).

En Aventura Mixto, o conxunto OP Betanzos- Compás Team (María Esther Barreira, Roberto Chas e Rodrigo Rodríguez) proclamouse campión galego, mentres que o segundo posto foi para o BudiñoRaid Inmocrea Hogar (Carlos Amil, María Teresa Iglesias y Gabriel Ledo) e a medalla de bronce para Raza Palleira Nigrán (Alicia Pérez, Adrián Pérez e Álex Marín).

Pola súa banda, o Aromon Resiliencia (José Luis Fernández, Manuel Beloso e Adrián Moreira) rematou en primeira posición en Aventura Masculino.

Parabéns a tod@s!

Os resutados da proba pódense consultar aquí e as fotos de Rodrigo González están dispoñibles neste enlace.