Noticias

FINALIZA O CAMPIONATO DE ESPAÑA ESCOLAR POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS

A pasada fin de semana 24 rapaces/as da FEGADO competiron no Campionato de España Escolar por Seleccións Autonómicas (CESA), que se disputou en Daroca (Zaragoza).

O venres 15 enfrontáronse á proba de distancia media no Pinar de San Cristóbal, á mañá seguinte disputouse o sprint e pola tarde as remudas mixtas no centro urbano de Daroca. A competición pechou o domingo 17 coa proba de longa distancia, de novo no Pinar de San Cristóbal.

O noso deportista Nico López proclamouse campión no sprint e na distancia longa na categoría Cadete, mentres que en Infantil Mailén Aller logrou a medalla de bronce na distancia media.

Coa actuación de todo o equipo galego, Galicia conseguiu o 5° posto por comunidades autónomas nas categorías Infantil e Cadete e a 10° posición en Xuvenil.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s nos@s deportistas e damos tamén a noraboa á Federación Aragonesa de Orientación pola organización da proba.


Máis información no enlace adxunto.

Adxuntos