Noticias

FOTOS DA ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA GALEGA 2021

O pasado sábado 5 de febreiro, coincidindo coa II proba da Liga Galega de Orientación a Pé e a I proba da Liga Galega de Sprint, celebrouse a entrega de premios das Ligas Galegas da tempada 2021.

Debido á situación sanitaria, as entregas foron individuais e sen público, polo que todas as persoas premiadas foron fotografiadas no photocall da FEGADO cos seus trofeos e medallas para a elaboración dunha presentación Power Point.

No documento adxunto podedes acceder á presentación.


NOTA: todas as diapositivas teñen hipervínculos, polo que ao seleccionar a disciplina e a categoría que vos interesa, xa vos leva directamente á diapositiva coas fotos. Ademais, na esquina inferior esquerda hai unha frecha que vos permite retroceder.