Noticias

Inscricións FEGADO

Despois das modificacións feitas na web, os clubs organizadores xa podedes abrir as inscricións aos vosos eventos.

Recordade crear tódolos vosos eventos oficiais do 2022 o longo do mes de xaneiro para ter o listado de eventos completo na web desde o principio da tempada.

Para os participantes, recordamos:

Os non federados só poderán participar en categorías de iniciación.

Os federados só poderán inscribirse nas categorías que lles correspondan por idade e sexo.

Se algún/ha considera que o percorrido axeitado para el/ela é outro que non aparece no listado dos que lle corresponden por idade e sexo, ten a opción de inscribirse nese percorrido fóra de competición, para o cal foron activadas as categorías NC.

Recordade que para poder inscribirse nos eventos precisase estar rexistrado na intranet de FEGADO. E para iso é necesario enviar, cumplimentado e firmado, o formulario de protección de datos a info@fegado.es, salvo que xa se teña enviado en tempadas anteriores.