Noticias

TECNIFICACIÓNS FEGADO de RAID en competicións (2): ARBO 15-16 de xuño e ORDES 12 de outubro

Convocamos ás persoas deportistas de categorías xuvenís a participar, dentro do Programa de Tecnificación Deportiva da FEGADO, na competición VIII RAID DO CONDADO (15 e 16 de xuño en Arbo) como actividade de aprendizaxe e consolidación de equipos de cara ao futuro Campionato de España de Selección Autonómicas de Raid Xuvenil do vindeiro 2025.

A convocatoria faise extensible tamén ao futuro Raid SEO (12 outubro en Ordes) no caso de que as datas de xuño non teñan boa acollida entre os posibles participantes.

Os equipos xuvenís contarán cunha axuda económica da FEGADO suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.

Coordina a activade a vogalía de Raid. Prégase confirmar á FEGADO o teu interese o antes posible (peche de inscricións para o Raid do Condando é o venres 9 de xuño) na conta de correo-e raid@fegado.es, onde tamén poderás solicitar máis información.