Noticias

Horas de saída e Descrición de controis da 14ª proba LG OPé - Monte Iroite

Publicamos as horas de saída da 14ª proba da Liga Galega de OPé. Os inscritos en Inicicación sen club poden consultar un listado aparte. Ante a previsión de choiva e vento que pode chegar a impedirnos dar as saídas baixo a protección de carpas decidimos publicar tamén as Descricións de control para quen queira levalas preparadas da casa, lembrando que na saída tamén estarán dispoñibles e faremos todo o posible porque finalmente as saídas sexan baixo carpas.

Evento relacionado

14ª Proba da Liga Galega de Orientación a Pé - Monte Iroite