Noticias

Tecnificación 2024 (e adestramento aberto a persoas federadas) no Campus de Elviña UDC (C) o sábado 9 de marzo (mañá)

Terceira actividade de"tecnificación programada 2024" no mapa do Campus de Elviña (A Coruña), como complemento ao Campionato Autonómico Universitario 2024

Sábado 9 de marzo (pola mañá, a continuación das saídas das persoas participantes no Campionanto Galego Universitario). Adestramento lineal en espazos urbanos e de bosque.

Actividade de balde para as persoas que enviarion o FORMULARIO DE TECNIFICACIÓN 2024.

É imprescindible confirmar a túa asistencia na conta de correo oripe@fegado.es.

Data límite: sábado 3 de marzo ás 23:50 horas (coincidindo co peche de inscricións ao adestramento aberto a persoas federadas).

Punto de encontro: centro de competición.

Grupos de tecnificación: Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento). Tecnificación + (persoas xoves senior, xa tecnificadas e que aspiran a competir nas categorías elite): se convocarán por decisión técnica de entre as persoas solicitantes que cubriron o formulario.

Coordinan: Teresa Bellón (vogalía O-Pé) e Jorge Piñeiro (Dirección Técnica). Organiza: Gallaecia Raid. Trazados: Fran Varela (Compás). SPORTident: Sonia Gómez (Compás).

Materiais compás, SPORTident e porta-descricións.


ADEMÁIS existe un adestramento aberto a persoas federadas. Recordamos que tamén existe unha actividade aberta a persoas federadas en paralelo ao Campionato Autonómico Universitario (máis info sobre custe e inscricións na ligazón adxunta).