Noticias

Programa Xeral das SELECCIÓNS GALEGAS 2024

Vogalías e Dirección Técnica estamos a traballar coordinadamente nun documento único "Programa Xeral das SELECCIÓNS GALEGAS 2024" das especialidades que competirán nos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas (CEO-Pé bosque, CEO-Pé urbano, CEMTBO, CETO e CESA).

Aínda non están publicados os Regulamentos FEDO 2024 de cada especialidade, necesarios para dar forma ao documento definitivo. En calquera caso en FEGADO traballaremos en dúas fases:

a) Preseleccións. Serán publicadas ao longo do mes de febreiro. Recoñecemento ao esforzo e resultados das persoas deportistas e filtro previo ao que serán as Seleccións Galegas definitivas.

b) Selecións Galegas definitivas. Serán publicados os criterios de selección en base aos méritos deportivos e outros.

Importante: de cara ao CEO de Ciudad Real, valoraranse positivamente os resultados nas primerias probas das Ligas Galegas O-Pé (Abadín, O Bolo e Lugo), e LEOP 1, 2, 3 e 4. Probas internacionais como o POM, etc. Tamén a participación nas Tecnificacións organizadas por FEGADO.

Importante: de cara ao CEMTBO de Cáceres, valoraranse positivamente os resultados (ou a participación na organización) nas primerias probas da Liga Galega MTBO (O Bolo, Santiso 1 e Santiso 2). Tamén a participación nas Tecnificacións organizadas por FEGADO.


As actualizaciónes serán publicadas nesta mesma noticia