ACTIVIDADE DE TECNIFICACIÓN PRE-CESA 2026 | Concentración sa30 a do31 maio 2026| As Pontes e A Capela (A Coruña)
Obxetivo. Realizar unha tecnificación específica de Orientación a Pé de cara a preparar o Campionato de España deSelecciones Autonómicas (CESA) do próximo mes de xuño. Convivencia e traballo de grupo nas categorías base de FEGADO. Actividade previa á publicación da Selección Galega definitiva (formará parte dos criterios de selección xunto co ranking e participacións en competicións, continuidade e decisións técnicas).
Persoas destinatarias: Rapaces erapazas federados/as tecnificados/as previamente neste ano 2026 ou en anosanteriores. Actividade especialmente dirixida á PRE-SELECCIÓN CESA 2026 (ver ligazón) pero tamén aberta aos/ás alevíns, tendo en conta que é unha actividade con pernocta. Actividade aberta tamén a xuvenís-senior do programa TECNIFICACIÓN +.
Técnicas a traballar. Orientación somera e precisa. Manexo do compás en terreos semi-abertos. Traballo de identificación de elementos rochososo e de lectura de curva de nivel. Estimación de distancias.
Centro de Tecnificación: mapas de As Pontes e ACapela (A Coruña). Depositarios Club Orientación Liceo e Sociedad de Montaña Ártabros.
Programa provisional (seráadaptado e ampliado en boletín específico o martes 26 de maio en función do número de persoas inscritas):
- Saída o sábado 30 ao finalizar as probas de Oleiros (punto de recollida no aparcadoiro doCentro de Competición, cara á localidade de As Neves (Concello da Capela, ACoruña).
- Cea do sábado (organiza FEGADO). Actividade nocturna en grupo.
- Pernocta en chan duro (organiza FEGADO). Material necesario (saco de durmir e demáis será detallado no boletín específico da actividade).
- Almorzo domingo (organiza FEGADO).
- Tecnificación na mañá do domingo 31 nos mapas de As Pontes e A Capela (A Coruña).
- Fin de actividade: domingo 13:30 - recollida por parte dos pais ou coordinación en grupos para aforrar desprazamentos. Punto de recollida no aparcadoiro de Casa Díaz na localidade de Goente (Concello de As Pontes).
Transporte: vehículos particulares de técnicos da FEGADO e/ou furgoneta de aluguer.
Material obrigatorio: DNI (moi importante), Compás, Sportident , Portadescripcións.
Uniformidade: Camiseta Galicia (quen a teña en propiedade).
Confirma a túa asistencia. Se estás interesado/a ou tes dúbidas envía un correo-e á conta oripe@fegado.es. Data límite de inscrición: martes 26 de maio ás 23:50 horas.
Datos para a inscrición: Nome e Apelidos, nº sportident, nome de Club.
