Noticias

A USC ORGANIZA UNHA XORNADA DE INICIACIÓN ÁS CARREIRAS DE ORIENTACIÓN

A Universidade de Santiago de Compostela organiza coa colaboración da FEGADO una xornada de iniciación ás carreiras de orientación.

O evento está dirixido a toda a comunidade universitaria (USC e tamén outras universidades) e terá lugar o vindeiro xoves 5 de outubro de 16:00- 18:00, na sala polivalente do complexo deportivo do estadio universitario de atletismo (Campus Sur de Santiago de Compostela).

O programa será o seguinte:

  • Ás 16:00 explicación sobre as características básicas das carreiras de orientación, o uso do mapa e do compás
  • Ás 17:00 carreira de orientación por grupos no propio campus, acompañados de deportistas federados na FEGADO.
A organización facilitará mapa e compás a todas as persoas participantes.

As inscricións son limitadas e estarán abertas ata o próximo mércores 4 de outubro ás 23:59

Animádevos a participar!

Máis información e inscricións aquí.