Noticias

SELECCIÓN GALEGA CEMTBO 2024 | 20 e 21 de abril | Badajoz (Extremadura)

Adxuntamos a SELECCIÓN GALEGA CEMTBO 2024 que competirá o vindeiro fin de semana 20 e 21 de abril en Badajoz (Extremadura).

Nova Normativa CEMBTO 2024 FEDO. Recordamos que a Normativa 2024 da FEDO elimina o concepto Campionato de España de Seleccións Autonómicas (persoas designadas polas Federacións, que son as únicas compentes para facelo), que agora etiqueta como Campionato de España por Comunidades Autónomas.

Persoas deportistas que aportarán puntuación ao Campionato de España por Comunidades Autónomas. A Normativa 2024 da FEDO tamén modifica a fórmula da clasificación por Comunidades, que pasa a ter en conta únicamente as 13 mellores puntuacións (5 mellores SUB-20, 4 mellores SENIOR e 4 mellores veteranos/as) independentemente do xénero. A FEGADO respecta pero non comparte este paso atrás no modelo de Selección Autonómica que ademáis non promove o incremento da participación daquel xénero cuxa práctica sexa minoritaria.

A Normativa 2023 permitía configurar unha Selección Autonómica de 17 deportistas masculinos e 17 deportistas femininas. Na medida do posible, a FEGADO continuará a seleccionar ás súas persoas deportistas na búsqueda do equilibrio e paridade, partindo dun modelo de 13 prazas femininas e 13 prazas masculinas.

Privilexios aos que acceden as persoas seleccionadas. Pago da inscrición, acceso a dietas e equipación FEGADO (maillot e culotte), todo en función da dispoñibilidade orzamentaria.

Máis info. Envía a túa consulta á conta de correo mtbo@fegado.es


Calquera cambio motivado por lesión ou enfermidade será público e actualizado na presente noticia.Sorte e parebéns a tod@s. Boas carreiras !