Noticias

PROBAS DE SELECCIÓN DE O-PÉ A PASADA FIN DE SEMANA

Aguiar da Beira (Portugal) acolleu esta fin de semana as primeiras probas de selección para formar parte do equipo nacional de O-pé.

Nelas participaron @s nos@s orientadores/as Lucía Parga (Club Aromon de Pontevedra), Brais Piñeiro e Xoel Chamorro (ambos do club Raza Palleira), todos integrantes da lista de aspirantes a formar parte da selección nacional de O-pé, á que tamén pertencen @s nos@s deportistas Maikel Rodríguez (Club Vigorienta) e María Piñeiro (SM Ártabros).

O obxectivo destas probas era decidir os integrantes do equipo nacional que participará na Copa do Mundo de O-Pé en Östfold (Noruega) do 27 ao 30 de abril.

Resultados e GPS (Livelox) na web da FEDO