Noticias

MATEO RODRÍGUEZ e NICOLÁS LÓPEZ finalizan a súa participación no CAMPIONATO de EUROPA XUVENIL e CADETE de O-PÉ (EYOC)

A pasada fin de semana os nosos orientadores Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) e Nicolás López (Club O Pasatempo Betanzos) representaron a España no Campionato de Europa de Orientación a Pé (EYOC) que neste 2021 tivo lugar en Lituania.

O venres día 20 disputouse a distancia longa, na que Mateo conseguiu unha 74° posición en M18. O domingo día 22 celebrouse o sprint, onde Nicolás acadou o 10º posto na categoría M16, o mellor resultado para España desta edición, metres que Mateo Rodríguez rematou en 36° lugar en M18.

Dende a FEGADO enviamos os parabéns aos nosos deportistas.

Achegamos o enlace á web do evento, onde podedes consultar os resultados completos https://eyoc2021.lt/