Noticias

5ª Proba Liga Galega de orientación Oia. Liga transfronteriza.

Tarefas de poda e raleo no curro de Valga.

Durante a inspección da zona de competición do mapa do Curro de Valga en Oia, observamos que se están realizando labores de poda e raleo. Estas actividades forestais non xerarán cambios significativos na navegación dentro da zona de competición, non obstante, poden afectar ao ritmo da carreira pola presenza de restos de poda no chan.

É importante mencionar que se identificaron marcas de pneumáticos de tractor no medio do bosque. Non obstante, estas marcas non se consideran camiños no mapa, xa que son recentes e non existen sendeiros nin camiños establecidos nesa zona concreta.

Cómpre sinalar que a zona na qu ese están a realizar as tarefas forestais representa unha pequena parte do mapa total.

Evento relacionado

5ª Proba Liga Galega de orientación Oia. Liga transfronteriza.