Noticias

INFORMACION e PROGRAMA DA VIAXE no AUTOBÚS FEGADO ao CEOP de Ciudad Real (xo28 a do31 de marzo)


CALQUERA NOVIDADE ou INFORMACIÓN relevante sobre a viaxe será incorporada nesta mesma noticia.


Tras recibir todas as solicitudes para o uso do autobús, a programación da viaxe é a seguinte:

Saída xoves 28: Saída de Betanzos ás 9:00 da Pista Polideportiva Cuberta | Av. Carregal, 20, 15319 Betanzos, A Coruña.

Itinerario:

-Santiago de Compostela (Estadio Vero Boquete | Multiusos San Lázaro, porta 4)- 9:45/10:00

-Ourense( Pavillón dos Remedios, Av Pardo de Cela,2) - 11:00/11:15 h

-A Gudiña( Repsol, Rúa Beato Sebastián de Aparicio, 9) - 12:15/12:30 h

-Puebla de Don Rodrigo - Hora aproximada de chegada ao chan duro 20:00 h

Autobús e custo. Viaxe en autobús de 55 plazas de empresa GILSANZ (Betanzos), cun custo de 70 ? para aspersoas non seleccionadas (publicación da lista prevista para o venres 22 de marzo), a abonar na conta da FEGADO ABANCA IBAN ES74 2080 0059 4230 4001 3404 enconcepto "AutobúsCEOP+Nome e apelidos". Solicitase que se envíe o xustificante bancario vía mail oripe@fegado.es

Comida durante a viaxe. Realizarase unha parada nun area de servizo para a comida, na que se poderá entrar a comer ou que cada un leve a súa comida.

Desprazamentos a centros de competición. Os días 29, 30 e 31 o autobús realizará os desplazamentos a todos os centros de competición. Estará dispoñible, sen custo, para otras persoas federadas que o soliciten. Non se asistirá ao model event xa que non hai conciliación de horarios posible.

Regreso domingo 31. A volta será o domingo 31, no caso (seguro que si) de ter alguna persaoa deportista agraciada, tras a entrega de trofeos (13:30), facendo a mesma serie de paradas. Chegaremos aproximadamente ás 2:00 am ao final do traxecto. Sendo posible unha saída máis temperá.

Intendencia. O servicio de supermercado/ restauración en Puebla de don Rodrigo é limitado, polo que vos recomendamos que levedes previsións suficientes para arranxar as vosas comidas durante o campionato.

Chan duro e duchas. A organización nos facilitará a ubicación do chan duro e tamén das duchas (noutra instalación) polo que debemos ir ás competicións con material de aseo e roupa para cambiarse.