Noticias

A COMARCA DE ORTEGAL RECIBIU O PASADO SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE US MTBO E A SEGUNDA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE US MTBO

O sábado 3 dexullo o Ultra Score MTBO Xeoparque Cabo Ortegal fixo parada nos concellos de Cariño, Cedeira e Ortigueira, na Comarca de Ortegal (A Coruña), un paraíso natural no que se atopan os segundos cantís máis altos de Europa.

Un total de 92 deportistas galegos/as competiron neste evento, de xeito individual ou por parellas, co obxectivo de visitar o maior número de controis posibles nun tempo limitado (3, 4 ou 6 horas dependendo da categoría).

A proba puntuou para a Liga Española e tamén foi o Campionato Galego de US MTBO. A nivel nacional, na categoría M-Senior Alberto Corral (Club Fluvial de Lugo) conseguiu a primeira posición, mentres que a medalla de prata foi para Juan José Sancosmed (Club de Orientación Coruña). En F-Senior Ana Varela (Club Brigantia Aventura) rematou en primeiro lugar e Paula Naya (Club Gallaecia Raid) acadou o terceiro posto.

Por outra banda, no ámbito autonómico Alberto Corral e Ana Varela repetiron triunfo nas súas respectivas categorías, proclamándose campións galegos desta disciplina. Juan José Sancosmed declarouse subcampión e Adrián Moreira (Club Aromon de Pontevedra) quedou en terceiro posto en M-Senior. Na categoría feminina o segundo posto foi para Paula Naya (Club Gallaecia Raid) e a medalla de bronce para Bárbara del Puerto (Club SEO).

Agradecemos o traballo realizado polo Club Gallaecia Raid na organización deste evento, que permitiu xuntar a máis de 130 orientadores/as cumprindo sempre coas normas marcadas polo Protocolo COVID. Damos tamén as grazas aos concellos de Cedeira, Ortigueira e Cariño, que colaboraron na celebración da proba.


Para máis información, achegamos o enlace á páxina web do evento e aos resultados totais e parciais.