Noticias

Entrega de premios das Ligas Galegas 2021

Coincidindo coas primeiras probas da Liga O-Pé e MTBO o vindeiro sábado día 5 de febreiro, farémolas entregas de premios das Ligas Galegas da tempada 2021.

Por mor da situación COVID-19 as entregas de trofeos serán individuais e sen público.

A partir das 12:30h e ata as 14:30h estará montado o Photocall de FEGADO nas instalacións do club Fluvial de Lugo, donde os premiados podedes pasar a recoller os vosos trofeos ou medallas, de xeito individual, coa indumentaria oficial do club co que competistes na tempada 2021, e vos sacaremos unha foto para publicación na web e redes sociais da Federación.

Os responsables de cada club recollerán os trofeos de clubs.

Os trofeos de Raid poderán ser recollidos polo equipo completo