EXTREMADURA ACOLLEU A PASADA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS
Entre os pasados 18- 22 de xuño, as localidades de Bancarrota e Jerez de los Caballeros (Extremadura) recibiu o Campionato de España de Orientación por Seleccións Autonómicas (CESA), organizado pola Federación Extremeña e o Club Alcor
A competición incluíu probas de distancia longa, distancia media, sprint, remudas mixtas, Trail-O e Laberint-O.
Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a todos os deportistas da Selección pola súa actuación neste campionato, destacando os seguintes resultados:
- Sira Rodríguez acadou o ouro na longa distancia, o bronce na media e foi cuarta no sprint en infantil feminino
- Jana Albarrán rematou en cuarta posición na media en cadete feminino
- Rodrigo Fouz foi cuarto no TrailO na categoría cadete
Coa suma de todos os resultados, Galicia conseguiu o 10° posto nas categorías infantil e xuvenil e o 14° en cadete
Resultados completos aquí
