GRAVACIÓNS CHARLAS TÉCNICAS CRONOMETRAXE
O pasado sábado 27 de xaneiro, dentro do programa de formación continuada da FEGADO, impartíronse dúas charlas técnicas de cronometraxe.
A primeira, relacionada con material Sportident e cronometraxe de O-Pé e MTBO, foi impartida por Pablo Aller e está dispoñible neste enlace.
A segunda, centrada en raid, estivo ao cargo de Adrián Pérez e está dispoñible aquí.
Agradecemos ás dúas poñencias o seu traballo!
Achéganse tamén as presentacións de ambas charlas en PDF.