Noticias

MATEO RODRÍGUEZ COMPITE ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DE EUROPA XUVENIL E CADETE DE ORIENTACIÓN A PÉ

O noso orientador Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) representará a España xunto co resto de integrantes da Selección Nacional no Campionato de Europa Xuvenil e Cadete de Orientación a Pé (EYOC), que terá lugar esta fin de semana en Hungría.

O sábado 2 comeza o evento coa longa distancia ás 10:00, ao día seguinte celebrarase o sprint ás 15:00 e a competición despedirase o luns 4 ás 10:00 coas remudas.

Moita sorte equipo!


A proba pódese seguir mediante TV, GPS e resultados en directo no enlace adxunto. Achéganse tamén os enlaces á web do evento e da FEDO para máis información.