SELECCIÓN GALEGA para o CAMPIONATO DE ESPAÑA POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS EN IDADE ESCOLAR DE ORIENTACIÓN A PÉ (CESAOP 2023)
Adxuntamos a relación de 24 persoas deportistas que representarán a GALICIA nas categorías INFANTIL, CADETE e XUVENIL no CESAOP 2023 que terá lugar nos vindeiros 30 de xuño, 1 e 2 de xullo en Tarragona.
Na elaboración da SELECCIÓN GALEGA aplicáronse decisións técnicas que tiveron en conta, entre outros parámetros, a traxectoria deportiva individual, a participación, continuidade e resultados nas diferentes Ligas Galegas (Orientación a Pé, Sprint e Trail-O) e en probas oficiais de ámbito nacional ou internacional. Tamén se valorou o compromiso e a participación das persoas deportistas nas Tecnificacións Deportivas da FEGADO.
Respecto ós resultados no Campionato Escolar Autonómico, nun primeiro filtro preseleccionáronse automaticamente ás tres primeiras persoas deportistas de cada categoría, para avaliar nun segundo filtro a súa traxectoria deportiva e formación técnica.
Tódalas persoas deportistas seleccionadas amosaron habilidades suficientes para progresar autónomamente en mapa de bosque aplicando técnicas de orientación básicas e avanzadas.
A Vogalía de Deporte Escolar e Universitario facilitará máis información sobre o programa e condicións da viaxe e iniciará os contactos coas respectivas familias. A Delegación Galega estará integrada por catro monitores/as da FEGADO.
Nota: únicamente viaxarán a Tarragona os/as deportistas designados como "titulares". Os/as designados/as como "reserva" serán convocados/as na orde establecida únicamente nos casos de non dispoñibilidade, enfermidade ou lesión dos primeiros.
Parabéns a tódala rapazada (seleccionados/as e non seleccionados/as) que son esenciais e forman parte do E-QUI-PO da FEGADO.
Ganas, traballo, talento... e CAA.