Noticias

O EQUIPO ENDURANCE: CUARTO DO MUNDO NO RAJD BESKIDY EN POLONIA

A pasada semana Polonia acolleu o Rajd Beskidy 2024, unha proba das Series Mundiais de Carreiras de Aventura (ARWS, Adventure Racing World Series).

O evento deu comezo o luns 17 de xuño e percorreu os Tatras polacos e eslovacos. Os equipos tiveron un total de 120 horas para completar 550 km con 14000 m de desnivel positivo, incluíndo 350 km de BTT, 170 km de trekking e 30 km de actividades acuáticas (kaiak, rafting e natación); ademais de probas especiais como escalada, navegación ou petanca.

Dous equipos integrados en parte por deportistas galegos estiveron competindo neste evento: o Endurance (Juan José Sancosmed, Borja Varela, Alberto Taboada e Susanna Ylinen) e o Tracktherace Adventure Team (Marcos Muíño, Adrián Moreira, David Senra e Mariana Pontes). O conxunto Endurance rematou en cuarta posición, mentres que o Tracktherace non puido completar a carrerira.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s!