A SELECCIÓN GALEGA DE MTBO COMPETIU ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA EN ZARAGOZA
Zaragoza acolleu esta fin de semana o Campionato de España de MTBO 2026 organizado pola FEDO. Ata alí se desprazaron @s deportistas da Selección Galega para competir nas probas de media distancia, longa e sprint.
A continuación, repasamos o reparto de medañas d@s nov@s campións e campioas de España.
En canto á distancia media do sábado, nas categorías masculinas, Francisco Varela (M60, Club de Orientación Compás) e Rodrigo Rodríguez (M40, Club de Orientación Compás) proclamáronse campións de España. Pola súa banda, Mario López (M20, Club O Pasatempo Betanzos) e David Casado (M50, Club O Pasatempo Betanzos) acadaron o subcampionato, mentres que Juan Combarro (Club O Pasatempo Betanzos) rematou en M40 cunha terceira praza.
En canto á representación feminina, Olalla Bello (F45, Club O Pasatempo Betanzos) e Claudia Oreiro (F50, Club Gallaecia Raid) proclamáronse subcampioas de España, mentres que Sara Nogueras (Club O Pasatempo Betanzos) e Alicia Pérez (Club Raza Palleira) acadaron os terceiros postos en F20 e F40, pola súa orde. Na categoría Femenino Élite (FE), Sofía Martínez (Club de Orientación Compás) e Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos ) rozaron o podio cun cuarto e quinto posto, respectivamente.
Na modalidade de sprint Francisco Varela (M60) volveu proclamarse campión de España, mentres que Mario López (M20) repetiu tamén o subcampionato e Sonia Gómez (F50, Club de Orientación Compás) logrou de novo a medalla de prata. Recolleron medallas de bronce Sara Nogueras en F20, Alicia Pérez en F40 e Olalla Bello en F45. Sofía Martínez rozou de novo as medallas coa súa cuarta praza en FE.
A proba de Distancia Longa pechou a competición o domingo. Mario López (M20) recolleu a súa terceira medalla de prata da fin de semana, mentres que Juan Combarro en M40 e Fran Costoya (Club O Pasatempo Betanzos) en M55 acadaron o bronce. Nas categorías femininas Sonia Gómez (F50) e Olalla Bello (F45), proclamáronse campioas de España; mentres que Alicia Pérez (F40) conseguiu a prata e Sara Nogueras (F20) o bronce coa súa terceira posición. Desta volta en Femenino Élite (FE) Noa Rodríguez (Club de Orientación Compás) foi subcampioa de España e Mar Delgado rematou en quinta posición.
Por último, coa suma de todos os resultados, o Club O Pasatempo Betanzos conseguiu a primeira posición na clasificación por clubs, mentres que Galicia foi cuarta na clasificación por comunidades autónomas.
Os resultados completos están dispoñibles neste enlace.
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a todo o equipo!
