Noticias

[+info 01 marzo] Autobús (prioridade para as persoas da Selección Galega) e chan duro FEGADO para o Campionato de España de Orientación a Pé 2024 (CEOP-1). 29 ao 31 de marzo. Ciudad Real e Toledo.

+info [1marzo]. Chan duro. Cada deportista debe facer a súa reserva individual e pago na plataforma SICO, indepentemente de se resulta seleccionado/a ou non. Bus para ir ao centro de competición. Na medida en que teñamos prazas libres, as persoas federadas que NON durman en chan duro poderán usar o bus da FEGADO que fará noite en Piedrabuena (preferencia para a rapazada da tecnificación).


Abrimos as reservas de prazas para o "pack autobús e chan duro" FEGADO. Prioridade para as persoas deportistas da Selección Galega. Prazas sobrantes dispoñibles para persoas federadas (prioridade para as persoas federadas acompañantes de menores seleccionados/as).


Actividade. CEOP-1. XVII Trofeo Quijotes do 29 ao 31 de marzo en Puebla de Don Rodrigo, Luciana e Fontanarejo.

Recordamos data do límite das inscricións ás competicións en SICO: 18 de marzo.

Desprazamento aos Centros de Competición: incluídos.

Monitores do grupo tecnificación: si [custodia dos/as menores seleccionados/as].


Chan duro. A organización ten bloqueado prazas para a FEGADO en chan duro que compartiremos coas persoas deportistas de Castilla-La Mancha (duchas dispoñibles en ubicación alternativa).


Reservas: enviar correo-e a oripe@fegado.es. Asunto: apelidos + solicitude de praza autobús e chan duro.

Data límite: domingo 17 de marzo de 2024 ás 23:50 horas.


Prezo persoas da Selección Galega: de balde. Resto de persoas federadas: [en estudo].

Saída: xoves 28 de marzo [horario en estudo]. Regreso: domingo 31 de marzo [tras a cerimonia de premiación].

Puntos recollida área GZ-SUR. Santiago de Compostela. Puntos recollida área GZ-NORTE. Betanzos. Outros: [en estudo en función das solicitudes de reserva]; Lugo?, Ponferrada?

Máis info: en próximo boletín.