Noticias

LUCÍA PARGA FORMOU PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO MEDITERRÁNEO DE ORIENTACIÓN

A nosa orientadora Lucía Parga (Club Fluvial de Lugo) competiu a pasada fin de semana coa Selección Española no Campionato Mediterráneo de Orientación en Serbia.

Enfrontouse a unhas remudas mixtas, nas que conseguiu a medalla de prata na categoría senior xunto co resto dos membros do seu equipo; unha proba de media distancia e un sprint.

Coa suma de resultados de todos os deportistas da Selección, España foi a primeira clasificada neste Campionato.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns á nosa orientadora.


Podedes consultar máis información e os resultados completos no enlace adxunto.