Noticias

5ª Proba Liga Galega de orientación Oia, liga transfronteriza.

Publicamos novo boletín e aproveitamos para anunciar que o clube BUDIÑORAID súmanse, xunto á FEDO e á FEGADO,a unha nova iniciativa do ProxectoLibera, que se celebra en toda España o próximo 3 de xuño, centrado en coidar e concienciar sobre a sostibilidade e a conservación do entorno natural, loitando contra a basuraleza.

É por iso que queremos aproveitar as carreiras do sábado para aportar, entre todos, o noso graniño de area facendo unha recollida colectiva de lixo.

A actividade de limpeza farase na contorna do Curro da Valga entre a carreira da mañá e a da tarde, enhorario de 14:30 a 16:30.O punto de encontro será xunto a secretaría da proba.

Para colaborar nesta iniciativa deberedes apuntarvos no seguinte formulario:

https://forms.gle/cUy2iLS2jhi2zNr38

O coordinador de dita actividade será Adrián Moreira Alonso,responsable de medio ambiente da FEGADO.

Grazas.

Adxuntos

Evento relacionado

5ª Proba Liga Galega de orientación Oia. Liga transfronteriza.