Abrimos as inscricións para o CAMPUS DE NADAL 2024 da FEGADO | Bande (Ourense) do 27 ao 29 de decembro
Publicamos o BOLETÍN 0 (ver pdf ADXUNTO) dunha novidosa actividade de proximidade e con axuda económica (copago) da FEGADO que, de ter aceptación, intentaremos consolidar nos futuros calendarios anuais da FEGADO.
Destinatarios/as obxectivo- Rapaces e rapazas que participan ou queiran sumarse ao Programa de Tecnificación FEGADO (Grupos 1, 2, 3 e tecnificación +).
Limitado a 20 prazas - Se estás interesado/a envía un correo-e á contaoripe@fegado.es.
Transporte. A intención da FEGADO é de alugar dúas furgonetas de 9 prazas para o desprazamento aos entrenos. Tamén, en función do lugar de residencia dos/das rapaces/as inscritos/as, poderán estar dispoñibles para cubrir tamén o transporte ata Bande (Ourense).