Noticias

SEIS MEDALLAS PARA GALICIA NO 'I ROGAINE SIERRA DE ALOR'

A pasada fin de semana, 19 deportistas da FEGADO competiron en Olivenza (Badajoz) no Campionato Ibérico de Rogaine, o "I Rogaine Sierra de Alor".

O equipo Aromon Cota Cero proclamouse campión na categoría Absoluto Masculino, mentres que o Fluvial Lugo- Malarruta acadou a cuarta posición. En Absoluto Mixto o conxunto Club Fluvial Lugo @s Castrex@s conseguiu a medalla de bronce e Aromon Supervetmix logrou tamén o ouro en Superveteranos Mixto. O cuarto posto na categoría Veteranos Feminino foi para o equipo Aromon de Vagar, mentres que Fluvial Lugo- Colmenar Orientación e Aromon- Ciudad Rodrigo remataron en primeira posición en Veteranos Masculino e Veteranos Mixto, respectivamente. A prata en Veteranos Mixto foi para Gallaecia Aventura- Consa.

Esta foi a penúltima proba da Liga Española de Rogaine, a próxima cita será o vindeiro sábado 11 de decembro en Betanzos (A Coruña) no Campionato de España de Rogaine, organizado polo Club O Pasatempo Betanzos. Aproveitamos para lembrar que as inscricións están abertas no sistema SICO ata o domingo 5 de decembro.

Trasladamos os parabéns a todos os equipos participantes e agradecemos ao club Vila Raiders e á FEXO a organización do evento.


Achéganse os resultados completos e os percorridos GPS en TracTrac.