Noticias

Publícanse as horas de saída para as probas desta fin de semana. Tamén os boletíns finales

Palleir@s!

Comeza a conta atrás. Tendes dispoñíbeis as horas de saída por club para a MTBO e Opé. Tamén o boletín final para o sábado e domingo..

IMPORTANTE: lembrade que a presaída é de -40 mins. Por favor, non vos atrasedes. O camiño ten boas vistas :)

Lembramos tamén que para a fabada cómpre reservar. Haberá soamente 15 racións extra. Sabemos que non van chegar. Logo non digades que non estabades advertidos.

O tempo vai estar bo, vinde con ganas de pasar un día gustoso no monte.

Vémonos esta fin de semana.!!! Qué ganas :)