Noticias

A Selección Galega xa está en Albacete para loitar polo seu 6º CEMTBO

Voltar á normalidade. Voltar a competir en MTBO no territorio nacional será sen dúbida o mellor dos trofeos con que cada un dos nosos deportistas poderá soñar nesta fin de semana.

Haberá unha preciosa loita a nivel individual nas categorías de cada un dos 32 deportistas seleccionados. Será na Distancia Media do sábado 26 (por certo, retransmitido en directo por Laura Garrido en La Liga Sports TV), e na Distancia Longa do domingo 27.

A nivel Campionato de España de Seleccións Autonómicas, todo promete estar moi igualado posto que estreamos unha nova normativa, e serán poucos os puntos que nos separen de Seleccións moi fortes e moi completas como as dos anfitrións Castilla La Mancha, Andulucía, Comunidade Valenciana, Extremadura, etc.

Ha de ser difícil, pero estamos preparad@s. Estamos motivad@s: Concentración, Autocontrol e Autoestima. CAA e a pola SEXTA !!!

Ah! A actividade deportiva é segura posto que aplicará o novo Protocolo COVID da FEDO, que ven de ser validado por CSD. Moito #sentidiño.