Noticias

19 de Novembro: Nova data para a 14ª proba da Liga Galega de OPé no Monte Iroite

A Xunta Directiva da FEGADO ven de aprobar unha nova data para celebrar a proba que tivemos que aprazar. A nova data será o sábado 19 de novembro. Abrimos un novo prazo de inscricións para que os que non poidan vir ese día anulen a súa inscrición; e tamén para que os que non estivesen inscritos e queiran vir nesa nova data poidan inscribirse. A todos aqueles independentes que anulen a súa inscrición devolveráselles o importe total do que tiñan aboado. En canto ós Clubs, unha vez rematado o novo prazo actualizaremos as cantidades a pagar ou a devolver segundo corresponda. Poñeremos máis instrucións nun novo Boletín.Gracias a todos polo voso apoio!

Evento relacionado

14ª Proba da Liga Galega de Orientación a Pé - Monte Iroite