FINALIZA O VII PONTEVEDRAID- VAL MIÑOR, CAMPIONATO GALEGO DE RAIDS DE ORIENTACIÓN
A provincia de Pontevedra acolleu a pasada fin de semana o VII PontevedRaid- Val Miñor, evento puntuable para a Liga Española de Radis de Aventura, ademais de ser o Campionato Galego de Raids de Orientación.
A proba consistiu nun raid "non-stop" de 26 horas, no que os deportistas debían mostrar as súas habilidades en distintas disciplinas: orientación específica, trekking, BTT, kayak, escalada e bolos celtas.
Na categoría elite, o Endurance Coco (Borja Varela, Juan José Sancosmed e Diana Blanco) proclamouse campión tras máis de 24 horas de carreira. O segundo equipo galego foi o Gallaecia Raid Tracktherace (Óscar Fernández, David Senra e Marcos Muíño) e o Budiñoraid- Atlas (Miguel Rodríguez, Ángel González e Sergio Sánchez) o terceiro.
En aventura mixto, o conxunto Budiñoraid-Sumipor (Alba Oya, Pablo Sio e Manuel Ramírez) conseguiu a medalla de ouro, o subcampión galego foi o Talleres Mingos - Biziebike - Vizhoja Cornelios (Cándido Carrera, Silvia Insua e J. Manuel Araújo), seguidos do Budiñoraid- Adegas Mauro Estévez (Marcos Lago, Daniel Martínez e Rosana Silvia Nogueras).
En aventura masculino, o SEO Ordes- Brigantia (Alfonso Vilela, Manuel Figueira e J. Ángel Morlán) chegou en primeira posición, mentres que a prata foi para Aseragro - Tecfilter Vizhoja Cornelios (Diego Fernández, Pablo Fernández e Isaac Rodríguez) e o conxunto galego que logrou o terceiro lugar foi La Clásica- Coco (Fabio Chaves e Manuel Arias).
Dende a FEGADO trasladamos a noraboa ao Club Aromon de Pontevedra e agradecemos o traballo realizado pola organización.
Achégase o enlace aos resultados completos e á galería de imaxes.