Noticias

Mateo Rodríguez (Aromon) participa na concentración FEDO de Hungría dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva 2024 + link adestramentos PNTD + fotos

Mateo Rodríguez (Aromon) foi convocado por la FEDO ao campo de adestramento de alto nivel que tivo lugar na localidade de Csákvár (Hungría) entre o 2 e o 8 de abril.

Obxectivo. O obxectivo desde campo de adestramento foi o de aportar unha formación técnica avanzada e táctica específica para una tempada internacional que habitualmente se desenvolve en bosque continental.

Participantes. A actividade estivo dirixida ás persoas deportistas das categorías Cadete (M/F16), Xuvenil (M/F18E) e Júnior (M/F20E) que forman parte do Grupo de Tecnificación da FEDO 2024-2026, onde Mateo é o único representante da FEGADO e está a loitar por unha das catro plazas do Mundial Júnior JWOC 2024 de Pilsen (Czechia). En total participaron 22 rapaces de 10 federacións territoriais: FEGADO(1), FADO (2), FARO (1), FCOC (6), FECAMADO (2), FEDOCV (2), FEDO-ASTURIAS (1), EUSKADI (3), FEMADO (1) e FOCYL (3).

Seleccionables da Selección Absoluta. Tamén asistiron 6 persoas deportistas seleccionables da Selección Absoluta que preparan o Campionato de Europa, entre as que estaba a nosa deportista da categoría F-E Lucía Parga (Aromon).

Competicións (3). Os deportistsa FEDO da categoría M/F20E competiron na Spring Spartacus Cup 2024 [link á competición]+ [link ao livelox CEYOC media] + [link ao livelox CEYOC longa].

Adestramentos (8). Día 1; adestramento 1 | Día 2; adestramentos 2 e 3 | Día 3; adestramentos 4 e 5 | Día 4; Competición Remudas e Adestramento 6 | Día 5 Competición Media Distancia e Adestramento 7 | Día 6; Competición Media Distancia e Adestramento 8. Descarga a APP O-Track ou consulta na pestana EVENTOS & ENTRENAMIENTOSda web o-track.dk os mapas e tracks () [ver Campo de Entrenamiento de Hungría E1, E2, E3, E4, E5 e E6].

Deportistas FEGADO que non están no Grupo de Tecnificación FEDO. Este tipo de actividades están dirixidas e parcialmente subvencionados por FEDO para os deportistas do Grupo de Tecnificación FEDO Júnior (5F+5M), Xuvenil (6F+7M) e Cadete (5F+6M). Os/as deportistas de FEGADO que non estean no grupo, pero sí forman parte da Listaxe de Deportistas de Interese (7 deportistas) [ver listaxe 2024] e outros/as desexen participar neste tipo de actividades internacionais deberán poñerse en contacto con direcciontecnica@fegado.es para coñecer a dispoñibilidade de prazas e condicións.

Silva O'Camp FEDO 2024. Recordamos que a actividade de tecnificación Silva O'Camp, e que non conta con subvención FEDO para o grupo de tecnificación, aínda ten prazas dispoñibles.

Criterios Selección OPIE 2024. Categoría Júnior [ver] | Categorías Xuvenil e Cadete [ver]+ [ver cambios].

Fotografías adxuntas. Cortesía de Amanda Pons.

Agradecemento. Dende a FEGADO quemos agradecer o esforzo da FEDO en poñer en marcha este ambicioso e novidoso proxecto de Tecnificación 2024-2026, especialmente ao seu Director Técnico, Roger Casal, e ao equipo de tecnificación (María Soriano e Ana Defez) e seleccionadores/as Amanda Pons, Nabil Abderrahaman e Alba Martínez.