INSCRICIÓNS ÁS VINDEIRAS PROBAS DA LIGA GALEGA EN BASTIAGUEIRO
Xa está dispoñibleo formulario de inscrición para as persoas NON federadas para apuntarse á 4ª proba daLiga Galega de O-Pé e á 1ª proba da Liga Galega de Sprint. As carreiras, organizadas pola SM Ártabros e o Liceo en colaboración co Gallaecia Raid, terán lugar ovindeiro 9 de maio en Bastiagueiro (Oleiros).
As persoas NON federadas en orientación deben realizar a inscrición e o pago cubrindo este formulario, apuntándose nas categorías de iniciación curta (para todas as idades) ou iniciación longa (para persoas que cumpren 16 anos ou máis en 2026).
As persoas federadas en orientación nun club NON pertencente á FEGADO deben inscribirse enviando un correo a alfonsomancera@gmail.com (máis información e método de pago no boletín da proba).
As persoas federadas na FEGADO deben inscribirse como é habitual a través da intranet da FEGADO a cada unha das probas nas que desexe participar de xeito independiente.
Lembramos que as inscricións abertas ata este domingo 3 de maio ás 23:50. Durante os vindeiros días publicaremos o próximo boletín con máis información sobre o desenvolvemento da proba, percorridos e distancias.
Agardámosvos a tod@s!
