Noticias

O CAMPIONATO IBERICO FEMININO DISPUTOUSE ESTA FIN DE SEMANA EN PORTUGAL

Alcácer do Sal, no sur de Portugal, acolleu esta fin de semana o Campionato Ibérico Feminino de O-Pé, no marco do XII Costa Alentejana O-Meeting (CAOM). O evento foi puntuable tamén para a Copa Portuguesa e a Liga Española de O-Pé 2026.

Os resultados do CIFO decidíronse coa sumatorio dos puntos acadados nas probas de distancia media, sprint e longa. Sonia Gómez (Club de Orientación Compás) proclamouse campioa en D50, Concepción González (tamén do Club de Orientación Compá) foi subcampioa en D55 e Silvia Seoane (Club Gallaecia Raid) recolleu o bronce en D45.

Este evento pon fin aos Campionatos Ibéricos desta tempada, tras o Campionato Ibérico Masculino, desputado o pasado marzo en Cuenca.

Os resultados completos pódense consultar neste enlace.