Noticias

KIKE CHOUSA REPRESENTARÁ A ESPAÑA NA COPA DO MUNDO DE MTBO 2026 EN HUNGRÍA

Kike Chousa, do Club de Orientación Compás, formará parte da selección española absoluta que competirá na primeira rolda da Copa do Mundo de MTBO 2026, que se celebrará en Balatonfüred (Hungría) entre o 30 de abril e o 3de maio.

O evento comezará o venres 1 de maio coa proba sprint (Copa do Mundo e U23 WMTBOC), o sábado seguirá a distancia media (Copa do Mundo) e o domingo pecharase coa distancia longa (Copa do Mundo e U23 WMTBOC).

A orientadora galega Sofía Martínez, do Club de Orientación Compás, tamén era unha das integrantes do equipo nacional para competir nas mesmas datas no Campionato do Mundo Sub23. Porén, unha lesión de última hora non lle permitiá participar neste evento.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns aos dous e desexámoslle a Sofía unha pronta recuperación.