Noticias

EQUIPOS DEFINITIVOS REMUDAS CLÁSICAS CEOP-2 Ávila 2023 (domingo 22 de outubro)

20/10/2023 12:05 Publicación Equipos Definitivos. Enviados á organización vía formulario que non é intuitivo para tantos cambios. Deben ser aprobados/confirmados coa publicación por parte da organización. Estaremos atentos.


Equipos provisionais FEGADO (todos). Ao longo do día de hoxe (xoves 19) a organización do CEO publicará os equipos de tódalas persoas deportistas da FEGADO (tanto os que forman parte de SELECCIÓN GALEGA coma o resto de equipos completos OFICIAIS FEGADO e OPEN).

Estes equipos son provisionais e foron configurados por FEGADO a través de SiCO o pasado 11 de outubro co obxectivo de "armar " o maior nº de equipos completos que nos permitan participar a todos/as.

Reconfiguración dos equipos. A data actual temos coñecemento de 3 baixas entre as 83 persoas deportistas da FEGADO inscritas nas remudas. A reconfiguración de equipos estará centralizada e será enviada á organización pola Dirección Técnica a través do formulario que estará habilitado na web do organizador no día de hoxe.

Publicación equipos FEGADO definitivos. Unha vez enviadas as correccións a través do formulario publicaremos nesta mesma noticia os equipos FEGADO definitivos, previsiblemente na mañá do venres 20 de outubro. Esperamos que a organización tamén publique e confirme os equipos definitivos.