Noticias

CINCO DEPORTISTAS DA FEGADO FORMAN PARTE DA SELECCIÓN NACIONAL DE MTBO

A Dirección Técnica da FEDO publicou este mércores a relación de deportistas integrantes das Selección Nacional Senior, Junior e Xuvenil de MTBO para o Campionato de Europa de MTBO 2024 (EMTBOC), que se celebrará en Polonia do vindeiro 28 de maio ao 2 de xuño.

Entre as persoas seleccionadas, destacamos aos nos@s orientadoras e orientadores Mar Delgado (do Club O Pasatempo Betanzos), que formará parte do equipo senior; Sofía Martínez e Nicolás López (ambos do Club de Orientación Compás), que integran o equipo junior; e Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) e Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid), no equipo xuvenil.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s e enviamos moita sorte de cara á competición!