Noticias

SELECCIÓN GALEGA para o CEMTBO 2021. Convocatoria de probas de preparación e criterios de selección.

Publícanse o calendario de probas de preparación e os criterios de selección para os/as deportistas que aspiran a integrar a Selección Galega de MTBO que loitará por revalidar o Campionato de España por Comunidades Autonómas que se disputará no marco do CEMTBO 2021 en Huerta del Rey (Burgos) entre o 24 e o 25 de xullo de 2021.

Na liña marcada por FEDO debido ao escaso número de competicións disputadas tanto na tempada 2020 como na presente tempada 2021, programamos dende a FEGADO unha serie de adestramentos á vez que probas puntuables que sin dúbida servirán para recuperar o ritmo competitivo á vez que reforzar o espíritu de equipo e a convivencia entre os/as deportistas galegos.

As limitacións establecidas polo propio Protocolo FISICOVID-DXT GALEGO de FEGADO obrigarán a publicar unha primeira lista de deportistas preseleccionados/as para participar nestas probas en base a méritos deportivos e decisión técnica. As diferentes probas preparatorias se organizarán necesariamente en grupos estancos en espazos de adestramento diferenciados, en espazos abertos ao aire libre, sen contacto e con saídas individuais e graduadas para garantir as distancias de seguridade e evitar a aglomeración de persoas.